Creamos solucións dixitais
que enganchan.
Deseñamos páxinas webs
e gústanos facelo.

Deseño e Desenvolvemento Web

Sabemos que as páxinas web visualmente atractivas reciben máis visitas porque as imaxes sintetizan a información e o noso cerebro agradéceo. O deseño web non só reflicte a imaxe da túa marca, senón que traduce a información de maneira efectiva. Aplicamos técnicas de UX para que o teu sitio destaque fronte á competencia e axude ao crecemento do teu negocio. Non nos conformamos cunha web atractiva, desenvolvemos páxinas rápidas, cunha excelente experiencia de usuario, fáciles de atopar, que conten a túa historia e que capten e reteñan ao teu público obxectivo.

É dicir, deseño adaptado a móbiles e distintos dispositivos. O teu sitio verase xenial en calquera plataforma, especialmente en smartphones. A maior parte do tráfico provén de móbiles, así que nos aseguramos de que a túa páxina estea perfectamente optimizada para eles. Ademais, cumpre cos estándares de Google para que teñas unha experiencia top tanto en móbiles como en computadoras.

O redeseño web implica revisar e actualizar un sitio existente para mellorar a súa aparencia, funcionalidade e rendemento. Realizamos unha análise de datos utilizando Google Analytics e outras ferramentas para identificar fallos, problemas e páxinas menos visitadas, ademais de entender as preferencias do teu público e definir obxectivos e palabras chave. 

Queres que a tú web ocupe os primeiros postos nos resultados de búsqueda?

Axudámosche a conseguilo!

Mellora a túa visibilidade en Google con as nosas estratexias de SEO. Optimizamos o teu sitio web para asegurar a súa presenza destacada nos primeros resultados de búsqueda. Coa nosa axuda, poderás aumentar a túa visibilidade en liña e atraer máis tráfico cualificado a túa páxina.

Ofrecemos a posibilidade de integrar varios idiomas na túa páxina web, o que che permite chegar a audiencias internacionais, ademais de adaptar  as preferencias lingüísticas dos teus visitantes.

Para manter a túa páxina web visible e competitiva, o mantemento é primordial. Encargámonos das actualizacións, da seguridade e da optimización SEO contante para asegurarnos de que o teu sitio web estea sempre na súa mellor forma.

Queres unha páxina web?
Contacta con nós.

Diseño y desarrollo web en galicia- servicios

Facemos o tipo de páxina web que necesites

Páxinas Web para Empresas
Landing Pages
Páxinas Web Corporativas
E-commerce
Blogs e Sitios de Contido
Portafolios Dixitais
Sitios web de Eventos

Deseño de Logo e Imaxe de Marca

Creamos logotipos
Desenvolvemos a túa imaxe corporativa

Diseño y desarrollo web en galicia- servicios